(pre-lat Re, volver a ser). s. m. ou f. 1. Persoa que volve a saír. 2. Capacidade dun corpo para recuperar a súa forma orixinal a pesar de persistir forzas que traten de modificalo.

— Un proxecto de Igaxes en colaboración con Fuco Reyes.

#NonNosXulgues

Somos Igaxes e loitamos contra os estigmas que existen cara a mocidade tutelada. Estas rapazas e rapaces deberon ser separados das súas familias para protexelos. Traballamos para ofrecerlles un lugar seguro no que prepararse para a vida independente.

Mergúllate na exposición coa música de Alejandro Vargas!

Empatía
recoñecerse nos demais
permitirnos outros zapatos.

Todos os anos, centos de mozos e mozas teñen que saltar á vida adulta sen unha rede de seguridade detrás. Non queremos que os estigmas sexan unha carga engadida.

Adaptación
a transformación inevitable
descubrir o propósito.

Superación
afrontar os nosos medos
voar.

Encrucilladas
bifurcacións no tempo
o camiño non elixido.

Aceptarse
recoñecernos no reflexo
mirar por primeira vez.

Persistencia
avanzar un paso tras outro
construírse.

Inocencia
o que nos conecta cos soños
desvelar o invisible.

Moitos destes mozos e mozas sofren prexuízos por seren tuteladas.

Perspectiva
distanciarnos dos nosos xuízos
abrir os ollos.

Reinventar
o noso lugar no mundo
o espazo que habitamos.

Protección
esa necesidade de apoio
o chan baixo os pés.

Memoria
o que somos
este instante.

Fortalezas
os nosos soportes
principio e raíz.

Respecto
o noso dereito a ser
reconstruír a memoria.

Influencia
as pegadas que nos deixan outros
devolver o recibido.

Os mozos e mozas tuteladas non fixeron nada malo, ninguén elixe a familia na que nace.

Identidade
o que nos define
a liberdade de poder escoller.


Antes de xulgar, coñece a nosa historia.
Para acabar co estigma precisamos do teu apoio.
Axúdanos a cambiar a mirada.
Asina esta campaña.




    Queremos sentir a túa voz, compárteo
    Fai clic e comparte con nós!
    Comparte a túa historia

    Que opinión tes desta exposición?
    Algunha historia con rapazada tutelada que compartir?
    Escribe ao whatsapp 660 147 099